Páxina de Sil
O que di de si mesmo
Nesta pequena cidade chamada Belfast, quizais dicir cidade é ser moi optimista, atópase unha galega; eu. Chámome Silvia e cheguei aquí grazas ao Bendito Don Leonardo Da Vinci! Despois de aterrizar en Novembro e traballar coa beca durante tres meses decidín prolongar a miña estacia neste particular país, quizais ata Agosto, quizais máis tempo, quen sabe...a vida é impredecible, así de fantástica...
Hai momentos na vida nos que tomamos decisións que nos cambian e nos converten en novas persoas ou ben nos liberan de ataduras pasadas. Sexa cal sexa o motivo, ou motivos, particulares de cada galeg@, é reconfortante saber que estamos polo mundo, porque ao final que somos? Cidadáns do mundo, unha ínfima persoíña insignificante para a globalidade e tan importante para unhas cantas persoas (a familia)...
Belfast estase abrindo ao mundo, liberándose de antigos prexuízos e insáns pensamentos. Necesitan tempo, tempo para evolucionar e darse de conta de que o mundo é moito mellor cando formas parte del e non cando estás en contra del. A xente é moi 'friendly' and 'lovely', non teñen o concepto de frío e calor (os abrigos e chaquetas non son prendas que usen moi amiúdo a pesares do frío, jejeje), beben moito e son consumistas como case todo o mundo...agora xa se ve xente de outras nacionalidades pola rúa, imos chegando aos pouquiños...non é unha cidade moi famosa para vir vivir aquí...a típica pregunta de todo o mundo é por que Belfast? No meu caso Leonardo Da Vinci decidiu por min, pero meses despois, podo dicir, por que non Belfast? E seguro que dentro duns anos, a pregunta deixará de ter sentido...son boa xente e, como non, aquí tamén hai galegos!!!
P.S.Unha galega que estaba perdida e se atopou en Belfast!
