Páxina de Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta
Galego Global desde o 04 de xullo de 2008
O que di de si mesmo
Son unha señoritanga de Pontevedra,desertora do arado de orixe portugues,ainda que eu diría de orixe incerta,agora pinto as uñas dos pes e o fouciño vendinllo ós do Cash Converters.Esta claro que a miña urbe,tan señoritil ,e o mais axeitado pra min, muller de pouco ser e moito aparentar.Como a inmensa maioria o meu locutor favorito e Federico Jimenez Losantos,rezo o rosario en dous ou tres idiomas e preparo o bacalhau noutros tantos,todo esto subeme a adrenalína,que descargarei por aquí,lembrando que Deus e bó,pero non tanto.Últimas 6 entradas escritas en Blogalicia
-
...
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 12 de xullo de 2008 ás 01:32Meu sobriño que é un bolchevique,renegado de Deus foi o que escribeu esa barbaridade que esta antes,vese que non vai á misa ,nin escoita a Cope,porque sinon xa sabería a estas alturas que Aznar e mailos outros son bos cristiáns que defenden os valores de Occidente,e algunhas inversións en Oriente.San Pepe de Xénova nos protexa! -
Non queren que sepas demasiado..
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 12 de xullo de 2008 ás 01:24Non fagas preguntas,non te atrevas a dudar,todo é así como cho contamos,non creas outra cousa,non busques, non investigues,non desconfíes,non penses...Esta é a consigna,o mensaxe subliminal dos que dominan o mundo,dos que che aseguran que so existe unha verdade:a sua,dos que so queren que formes parte do rebaño globalizado,ovellas pusilánimes que compran naqueles lugares que lle marca a publicidade,ovellas ...» -
San Botellón do campiño,patron das meluspias
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 05 de xullo de 2008 ás 00:37O utro día non puden ir rezar o rosario por culpa duns raparigos que andaban esbandallados na rua cunhas bolsas do Froiz cheas de botellas,(as botellas nembargantes estaban mais ben valeiras)de ron,xenebra,whiski e outras bebidas do demo,os pobriños descoñecen que bebendo esas cousas alexanse de Deus(ainda que algun disque veu o espiritú santo) e volvense bolcheviques .Eu que tamén fun nova nunca tomei nada que no...» -
Internet,agora no salgadoiro..
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 05 de xullo de 2008 ás 00:09O outro día na novena de Santa Curuxa de Pradocabalos,patrona dos antivirus,o cura avisounos dos pecados que podemos atopar as que rezamolo rosario on-line,e mesmo que teñamos coidado nos chats de monxiñas de clausura,que sempre se cola algún bolchevique con intencións maliciosas.Eu sempre che fun moi previsora e instalei un antivirus,o último modelo traido de Israel e bendecido coas aguas do mar morto(mort...» -
Os do sindicato ese...
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 04 de xullo de 2008 ás 23:53O outro día fun co meu sobriño,que disque o botaron do traballo a un sindicato,cando entramos xa non me gustou nada que unha rapariga vestida de "hippie"estivera a fumar,logo pasamos o despacho dun que disque era abogado,o fulano dixolle a meu sobriño que non tiña nada que facer por el ,que era un caso perdido(esto mismo dicho un medico da Seguridade Social e xa encomendas a tua alma a San Xanciño das Tr...» -
Porque carallo non falou Nostradamus do cambio climático?
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 04 de xullo de 2008 ás 23:36Escoitando a Cope o outro día,mentras calcetaba unha bufanda(hai que ser previsora)oín falar do cambio climático,Federico dixo que non existe,porque disque en Teruel fixo un frio de carallo este ano coma sempre e eso é síntoma de que non pasa nada.Logo un sesudo científico corroborou esta teoría ,e casi lle din a razón.Eso do cambio climático inventouno Al Gore pra vengarse do president...»
